martes, 31 de julio de 2012

Rematou o prazo do relatorio que se discutirá no Congreso Sindicato Nacional

Rematou o prazo para participar na elaboración do relatorio que se discutirá e aprobará no X Congreso do Sindicato Nacional de CCOO

Despois de que o Consello Nacional aprobara as normas congresuais e as datas tanto para celebrar o X Congreso do Sindicato Nacional, que será o 24 e o 25 de xaneiro do 2013, como para comezar o proceso asembleario previo a partir do 3 de setembro de 2012, a Comisión encargada de redactar o relatorio comezou o seu labor.

A Comisión de Relatorio está composta polas secretarías xerais do Sindicato Nacional, das federacións nacionais e das unións comarcais así como polas Secretarías da Comisión Executiva Nacional, e ten o mandato de redactar o texto que, despois de o aprobar o Consello Nacional, será a base do debate congresual.

Para reforzar a participación da afiliación neste proceso congresual, foi posible presentar achegas ao texto da Comisión de Relatorio. As persoas afiliadas a CCOO de Galicia tiveron a posibilidade de remitir as súas achegas ata o 15 de xuño.

Cómpre subliñar que esta posibilidade foi a maiores da de presentar emendas durante o proceso asembleario previo ao Congreso, que se incorporarán ao relatorio que aprobe o Congreso, se son aprobadas nas asembleas previas e no propio Congreso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario