lunes, 6 de agosto de 2012

Carta a la Afiliación de Fecoht Galicia


Estimado Compañeiro/a

            Comisións Obreiras vai celebrar o seu proceso congresual para elixir os distintos órganos de dirección do Sindicato e aprobar as liñas de actuación sindical para o próximo período. 

            Este é un momento moi importante para ti, para o Sindicato e para os traballadores e as traballadoras, xa que é moi importante que acertemos, tanto na política sindical a seguir nos próximos catro anos como na elección das persoas que van a ter que dirixir a nosa organización. Polo tanto pídoche que fagas un esforzo na lectura dos seguintes documentos que están a debate e que teñen que ser aprobados nos respectivos Congresos, e que fagas as achegas que consideres oportunas para melloralos: 

        Relatorios da Confederación Sindical de CC.OO.
        Relatorios do Sindicato Nacional de CC.OO. De Galicia.
        Relatorios da Federación Estatal de Comercio, Hostalaría, Turismo e Xogo  de CC.OO. (FECOHT) 

Estes documentos están dispoñibles no blog de Fecoht Galicia (fecohtgalicia.blogspot.com e en congresosfecohtgalicia.blogspot.com ), e en calquera caso, podes pasar polo Sindicato a recollelos. 

Por isto,  estás convocado/a ás ASEMBLEAS CONGRESUAIS da FECOHT, que vai ter lugar na tua comarca, co seguinte Orde do Día:

        Debate relatorios Confederais.
        Debate relatorios Sindicato Nacional.
        Debate relatorios Federación Estatal Fecoht.
        Elección delegados e delegadas para a Asemblea Congresual Comarcal da Comarca.
            Facer que o Sindicato sexa un mellor instrumento para a defensa dos intereses das traballadoras e traballadores é responsabilidade de toda a afiliación,agora é o momento no que coa túa participación, colaborarás no futuro do Sindicato.

Compañeira/o, recibe un saúdo,

             Santiago de Compostela, a 27 de Xullo do 2,012



Asdo. Isabel Castaño Becerra

Secretaria Xeral Fecoht-Galicia CC.OO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario